lunes, 3 de febrero de 2020

O avó


Nunca deron fe os meus ollos
deso que aquel día pasou
do que os recordos hoxe collo
que ese mar bravo deixou.

Nunca crin falar na morte
do que na vida non falei
pero sen dúbida non foi onte
cando de hoxe me acordei.

Non foi quen a vida
de roubar unha bágoa na meixela
de saca-la quentura que algún día
deixou o bafo na xanela.

Xa pasou a miña nenez
xa pasou aquel recordo
que non foi quen de entristecer
o ríxido rostro daquel morto

Só pasou un longo sono
de trescentos e algún día
que lle devolveron os meus ollos
o remate da súa vida.

Tivo que pasa-lo tempo
para darme conta do que eu quería
quero para-lo vento
devolverlle aquel home a vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario